Folgas estudiantís durante a democracia

2. Folgas estudiantís durante a democracia, por Elisa Piñón Hermida

Folga estudantil de xaneiro de 1980 durante o terceiro goberno de Adolfo Suárez González (UCD) . A lexislación educativa do momento era a LGE (Ley General de Educación). Os convocantes desta folga foron as Coordinadoras Estatais de Estudantes (as de universidades e as Ensinanza Media e Formación profesional) ,tamén  a Coordinadora de profesores de Instituto, a Federación de Pais dos alumnos e cinco centrais sindicais (CC.OO, FETE-UGT, CNT, USO, UCSTE).

As razóns polas que se convocou a folga son varias: a aparición dunha nova Lei Estudantil, a LOECE (Lei Orgánica pola que se regula o Estatuto de Centros Escolares) , a limitación de acceso á universidade (xa que ata o momento se admitían a todas as persoas que se inscribían) a subida das taxas universitarias e a Lei Orgánica de Autonomía Universitaria (LAU).

A folga foi secundada por un gran número de participantes tanto universitarios, como estudantes de educación secundaria  etc.

Como consecuencia, co golpe de estado e a oposición do PSOE no parlamento, a LOECE foi paralizada asi como a LAU.

 

Folga estudantil de xaneiro de 1987 durante o segundo goberno de Felipe González (PSOE). A lexislación educativa do momento era a LGE (Ley General de Educación). O principal convocante foi o Sindicato de Estudantes e diversas coordinadoras por rexións.

As razóns que levaron á convocación da folga foron: as limitacións de acceso ás escolas de ensinanzas medias, protesta contra a selectividade, en definitiva, a implantación da LODE (Lei Orgánica del Derecho a la Educación). Tamén querían a conxelación das tasas académicas e un maior presuposto destinado ao ensino.

Nesta folga participaron todos os colexios públicos da Península, exceptuando as comunidades de A Rioxa e Baleares.

As consecuencias foron varias: aceptación da conxelación das taxas, non suprimir os exames de setembro  e incrementar a cuantía de becas. Pero tanto a selectividade como a limitación de prazas seguiría adiante.

 

Folga estudantil de 1993  durante o  cuarto goberno de Felipe González (PSOE). A  lexislación educativa vixente era a LOGSE (Ley de Ordenación General del Sistema Educativo).

O convocante desta folga foi a Coordinadora Estatal de Asociaciones de Estudiantes.

As principais razóns da folga foron a subida das taxas universitarias e unha mellor política de becas.

Nesta folga participaron ao redor dun millón de universitarios, o 80% de toda España.

Con esta folga conseguiuse que o aumento das taxas non superara ao IPC .

 

Folga estudantil de 2001 durante o segundo goberno de José María Aznar (PP). A lexislación educativa do momento era a LOGSE (Ley de Ordenación General del Sistema Educativo).

CC.OO , UGT e Sindicato de Estudantes foron os convocantes desta folga, apoiados por profesores e estudantado tanto universitario como de educación secundaria.

As razóns desta folga foron: a Lei Orgánica de Universidades (LOU) e a Lei de Calidade da Ensinanza (LOCE), esta última afectaba a ensinanza secundaria.

A participación foi abundante, un 85% do profesorado, que defendían a ensinanza pública así como o 80% de estudantes tanto universitarios como de secundaria, según os sindicatos, e un 35% segundo o goberno do momento.

Como consecuencia, a LOCE nunca chegou a pórse en marcha pero a LOU non se reformou coma se pedía durante o goberno de Aznar.

 

Folga estudantil do 2002 durante o segundo goberno de José María Aznar (PP). A lexislación educativa do momento era a LOGSE (Ley de Ordenación General del Sistema Educativo).

Convocada por CC.OO, FETE-UTG, CIGA, STES y CGT.

As razóns da convocatoria son varias:  a reforma da ensinanza de 0 a 18 anos que se quería implantar,  tamén os itinerarios dende a ESO e unha Proba Xeral de Bacharelato para obter o título dese nivel educativo. En definitiva, a oposición á LOCE (Ley Orgánica de Calidade de la Educación).

O número de participantes é discutido segundo os convocantes a folga foi seguida polo 70% do alumnado e a metade do profesorado, mentres que o goberno  afirma que a folga foi secundada por un 63% do estudantado e o 20% do profesorado. Non houbo consecuencias importantes xa que LOCE nunca se chegou a implantar xa que en 2004 tomou o relevo José Luís Rodríguez Zapatero.

 

Folga estudantil  de marzo 2004 durante o goberno de José María Aznar (PP). A lexislación educativa vixente era a LOGSE (Ley de Ordenación General del Sistema Educativo).

Esta folga foi convocada polo Sindicato de Estudantes (SE).

O principal motivo que levou a convocación desta folga foi a política do PP para os máis xoves.

O número de participantes, como sempre, foi controvertido. Según a secretaria xeral do sindicato, Miriam Municio, o seguimento foi dun 95% mentres que un representante do goberno limita este seguimento a un 20%.

A folga non repercuteu a ningún nivel xa que poucos días depois José María Aznar foi destituído por José Luís Rodríguez Zapatero, dando o relevo ao PSOE.

 

Folga estudantil de outubro de 2008 durante o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero (PSOE). A lexislación educativa do momento era a LOE (Lei Orgánica de Educación).

Foi convocada polo Sindicato de Estudantes (SE) para oporse ao Plan Bolonia, que afectaba ao sistema educativo das Universidades, a reforma da selectividade e as reformas na FP.

A folga foi secundada por un 96% do alumnado de institutos e un 70% de universitarios, según o SE. Mentres que o Ministerio de Educación reduce esas cifras.

As consecuencias desta folga non deron resultados postivos para os manifestantes xa que o Plan Bolonia continuou en marcha e a día de hoxe está activo.

 

Folga estudantil de maio 2012 durante o goberno de Maríano Rajoy (PP).  A lexislación educativa do momento era a LOE (Lei Orgánica de Educación). Convocada por estes cinco sindicatos: CCOO, ANPE, CSIF, STES e UGT e que se deu a todos os niveis educativos.  A razón pola que se convocou a folga foi o Real decreto-ley 14/2012, de 20 de abril de 2012, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, que esixía reformas que se consideraron un ataque para a educación pública.

Foi secundada por toda a comunidade educativa que iba dende a educación infantil ata os universitarios.

O seguimento foi dun 80% según os convocantes e un 22% según o Goberno.

As consecuencias desta folga foron nimias, os recortes producíronse de tódolos xeitos.

 

Folga estudantil de outubro 2013 durante o goberno de Mariano Rajoy (PP). A lexislación educativa do momento era a LOE (Lei Orgánica de Educación). Foi convocada polo Sindicato de Estudantes (SE).

A principal razón que deu lugar a esta folga foi a LOMCE (Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa). Esta lei pretende acabar con todo o imposto pola LOE e a LOGSE, polo que as opinións contrarias reveláronse contra ela.  (3+2, relexión como asignatura con valídez académica, medidas discriminatorias e sectarias etc).

A folga foi secundada por un 83% nos colexios e institutos públicos, 91% na Universidade e un 35% na privada subvencionada. O sindicato ANPE, que tamén convocaba, falou dun 70% na  pública non universitaria. Escolas Católicas, patronal maioritaria dos centros privados subvencionados, deu un seguimento do 10%. Pola súa parte o Ministerio dixo que a folga foi secundada por un 20% de media dos estudantes sen contar a ensinanza concertada.

 

Folga estudantil de outubro 2014 durante o goberno de Mariano Rajoy. A lexislación educativo do momento é a LOMCE (Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa).

Foi convocada polo Sindicato de Estudantes (SE) e a Plataforma de Afectados polas Becas (PAB)

A principal razón desta folga foron os recortes abusivos do Ministro de Educación, José Ignacio Wert. Dende a posta en marcha da LOMCE os recortes pasaron por todos os niveis da educación pública española.

A folga foi secundada  por unha media do 90% dos estudantes según o SE. O goberno pola súa contra asegura que o seguimento foi moi reducido, dun escaso 16% dos alumnos.

As consecuencias a esta folga non tiveron importancia, a LOMCE seguiu adiante a pesar de retrasar a súa posta en marcha nos diferentes niveis educativos.

 

Folga estudantil de febreiro e marzo do 2015 durante o goberno de Mariano Rajoy. A lexislación educativa vixente é a LOMCE (Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa).

Foi convocada polo Sindicato de Estudantes (SE).

O rexeitamento a reforma universitaria aprobada días antes no Consello de Ministros é a principal razón pola que se convocou a folga.

En contraste coa postura do SE que asegura un éxito rotundo de seguimento entre o 75 e 90%, o goberno dí que o seguimento foi insignificante.

A pesar das advertencias do SE de non parar ata derogar esta reforma, o Goberno non rectificou na súa postura.

 

Folga estudantil de abril 2016, durante o goberno de Mariano Rajoy. A lexislación educativa vixente é a LOMCE (Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa).

O Sindicato de Estudantes (SE) encargouse de convocar esta folga. Piden derogar a LOMCE e o decreto do 3+2 das universidades, rebaixar as matrículas e acabar cos recortes.

O seguimento da folga foi masivo segundo o SE, entre o 70 e o 90% de media, mentres que o goberno asegura que non foi para nada significante.

 

A próxima folga está convocada para o próximo 26 de outubro.

 

Bibliografía:

Ríos, Sara,.Así han sido las otras grandes huelgas de educación en España“.20 Minutos, 22 mayo 2012 <http://www.20minutos.es/noticia/1464440/0/huelgas-educacion/historia-democracia/espana/#xtor=AD-15&xts=467263> [Consulta: 18 octubre 2016]

Celada, Juan; De la Puerta, Javier. “El movimiento estudiantil, por la retirada de la Ley de Autonomía Universitaria”. El País, 1 febrero 1980 <http://elpais.com/diario/1980/02/01/espana/318207601_850215.html> [Consulta: 18 octubre 2016]

http://elpais.com/diario/1980/02/01/espana/318207601_850215.htmlhemeroteca.lavanguardia.com/preview/1986/09/12/pagina-13/32892993/pdf.html

Redacción Hemeroteca. “Huelgas Estudiantiles”. La Vanguardia, 22 mayo 2012 <http://blogs.lavanguardia.com/hemeroteca/huelgas-estudiantiles> [Consulta: 18 octubre 2016]

S. Barcia, Esteban. “La huelga de estudiantes fue general en toda España”. El País, 21 enero 1987 <http://elpais.com/diario/1987/01/21/sociedad/538182002_850215.html> [Consulta: 18 octubre 2016]

Playá, Josep. “Un millón de Jóvenes en huelga”.  La Vanguardia, 28 octubre 1993 <http://hemeroteca.lavanguardia.com/preview/1985/06/19/pagina-23/33735384/pdf.html> [Consulta: 18 octubre 2016]

Playá, Josep. “Los sindicatos anuncian para hoy la mayor huelga universitaria en los últimos 20 años”. La Vanguardia, 7 noviembre 2001 <http://hemeroteca.lavanguardia.com/preview/2001/10/15/pagina-33/34218380/pdf.html> [Consulta: 18 octubre 2016]

A.L. “De la LGE a la LOMCE: el drama educativo en España”. La Información, 18 junio 2015 <http://www.lainformacion.com/educacion/de-la-lge-a-la-lomce-el-drama-educativo-en-espana_r9FOwgl4C62KIS3Iva8Kg3/> [Consulta: 18 octubre 2016].

Játiva, Juan Manuel; Morán, Carmen. ” La mitad de los profesores y una mayoría de alumnos, en huelga contra la LOCE”. El País, 30 octubre 2002 <http://elpais.com/diario/2002/10/30/sociedad/1035932401_850215.html> [Consulta: 18 octubre 2016].

La Moncloa (España). “Presidentes desde 1978” Gobierno de España, Madrid. <http://www.lamoncloa.gob.es/presidente/presidentes/Paginas/index.aspx> [Consulta: 18 octubre 2016]

Agencias. “Decenas de miles de alumnos secundan la huelga del Sindicato de Estudiantes”. El Mundo, 5 marzo 2004 <http://www.elmundo.es/universidad/2004/03/04/actualidad/1078408792.html> [Consulta: 18 octubre 2016]

Agencias. “Protesta Estudiantil en contra de la Ley de Educación”. La Vanguardia, 23 octubre 2008 <http://hemeroteca.lavanguardia.com/preview/2008/10/23/pagina-29/74870128/pdf.html?search=huelga> [Consulta: 16 octubre 2016].

Ruíz, Mar. “Huelga histórica el 22 de mayo contra los recortes educativos”. Cadena Ser, 8 mayo 2012 <http://cadenaser.com/ser/2012/05/08/sociedad/1336443207_850215.html> [Consulta: 18 octubre 2016].

Redacción. “Las manifestaciones cierran la jornada de huelga en la educación”. El País, 22 mayo 2012 <http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/05/22/actualidad/1337668996_700737.html> [Consulta: 18 octubre 2016]

Redacción. “22,23 y 24 de octubre huelga general de estudiantes, y el 24 además con los profesores y los padres”. Más Voces, 15 octubre 2013  <http://www.masvoces.org/22-23-y-24-de-octubre-huelga> [Consulta: 18 octubre 2016]

Silió, Elisa. “Alumnos y padres tiran de la huelga”. El País,  24 octubre 2013 <http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/23/actualidad/1382557688_653585.html> [Consulta: 18 octubre 2016]

Agencias. ” Miles de estudiantes se manifiestan contra la LOMCE en el segundo día de huelga”. RTVE, 22 octubre 2014 <http://www.rtve.es/noticias/20141022/miles-estudiantes-se-manifiestan-contra-lomce-segundo-dia-huelga/1033901.shtml> [Consulta: 18 octubre 2016]

EFE,  “Los estudiantes clasifican su huelga de ‘masiva’ y el Ministerio minimiza su seguimiento”. 20 Minutos, 13 abril 2016 <http://www.20minutos.es/noticia/2720265/0/huelga/estudiantil-lomce-reforma-universitaria/13-abril/> [Consulta: 16 octubre 2016]

Anuncios

2 pensamientos en “Folgas estudiantís durante a democracia”

  1. o ministro Educación, Maravall demitiu como consecuencia dunha folga de estudiantes en 1988 (http://elpais.com/diario/1987/02/22/espana/540946803_850215.html).
    Fontes: correcta a redacción, e mal a organización. Non están ordenadas alfabéticamente. Os sitios van en cursiva. En Playá, non é millón jóvenes, o título da URL la protesta estudiantil contra las tasas… Segundo os apuntes, cando hai repetición de autoría, úsase un guión longo para non repetir o nome.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s