Identificación de fontes, por Laura Yáñez Bastos

  • Documental: Geoff McGhee (2010). Journalism in the Age of Data (vídeo)

 

Modelo APA

 

1. Fontes persoais:

  • Allen, Shawn. Stamen Design

Participa na creación de “Crimespotting”.

  • Byrne-Frasser, Scott. BBC Online.

Fala do seu desexo de encontrar xornalistas que sepan manexar con facilidade bases de datos.

Explica que a audiencia está interesada en coñecer a historia que hai tras os datos, que non atopa interese si se trata soamente dunha representación vacía de contido.

  • Byron, Lee. The New York Times.

Gañador do Premio “Gráfico de exposición”, sobre “Canto recaudaron varias películas”, no que usou un modelo de gráfico chorro.

  • Chase, Davis. org.

Fala de Texas Tribune, unha web de libre acceso onde se poden subir visulizacións.

  • Cox, Amanda. The New York Times.

“Para mín, a meta máis alta é cambiar o que alguén pensa do mundo” (2009)

É considerada unha das mellores no seu traballo, crear visualizacións informativas.

  • Dédier, Eric. fr. (París, 2010)

Fala das ferramentas que usan no seu medio para a creación de infográficos.

  • Duenes, Steve. The New York Times.

Explica que o mundo da creación de visualizacións está en constante evolución.

  • Fairfield, Hannah. Editora gráfica en The New York Times

Durante unha conferencia, explica como ler un gráfico sobre hipotecas.

  • Felton, Nicholas. Diseñador gráfico.

Destaca a importancia dunha boa colocación dos datos nas representacións visuais.

  • Fry, Ben. Consultor de diseño e software.

Explica que é importante ofrecer datos visualmente atractivos, que desperten o interese do público.

  • Grimwade, John. Condé Nast

Fala do problema que representa o auxe das visualizacións, porque moita xente as fai sen saber exactamente como, e os resultados non son bos.

  • Heer, Jeffrey. Traballador da Universidade de Stanford.

Explica a importancia de que as visualizacións sexan sinxelas e estexan contextualizadas, dada a actual saturación de datos que existe. Tamén fala da necesidade de que estas creacións sexan rápidas e se adecúen ao contexto social, e nomea distintos programas que poden usarse para crealas.

  • Homes, Nigel. Diseñador de gráficos informativos.

Fala do importante que é que os datos das visualizacións sexan fácilmente comprensibles.

  • Koblin, Aaron. Google Creative Lab

Escribe software para ordenadores e crea programas que facilitan a relación de datos.

  • Koci Hernández, Richard. Universidade de California, Berkeley
  • Paige West, J. com.

Fala do seu desexo de encontrar a alguén capaz de interpretar datos informáticos e crear a partir deles, e explica o proceso de creación de representacións visuais en MSNBC.com

  • Pickoff-White, Lisa. org.

Explica que non é necesario ter grandes coñecementos para saber usar unha ferramenta de creación de infográficos.

  • Priest, Dana. The Washington Post.

Fala da enorme utilidade para os xornalistas de investigación de coñecer as búsquedas de Google máis repetidas polos usuarios.

  • Quealy, Kevin. Xornalista en The New York Times.

Presenta a The New York Times coma o medio que máis recursos emplea na creación de visualizacións.

  • Ray, Dim. Periodista

Critica o sobreuso das redes sociais.

  • Ray, Jay. com.

Explica que se pode conseguir unha gran cantidade de visualizacións coa enorme cantidade de datos que hay dispoñibles.

  • Rodenbeck, Eric. Stamen Design.

Explica que o importante das visualizacións é que xeneren preguntas, non simplememte conclusións.

  • Rosling, Ola. Traballador de Google

Investiga as búsquedas que máis se realizan por parte dos usuarios de Google.

  • Slobin, Sarah. Wall Street Journal Magazine

Fala do interese que teñen as historias á hora de representar datos

  • Steiger, Paul. Xornalista

Explica que a pesar de que o acceso aos datos é maior hoxe en día, se calquera entrase nunha base de datos aberta ao público, sempre vai descubrir que non ten acceso ilimitado.

  • Stoll, Michael. Universidade de Augsburg, Alemania

Explica que é necesario ter uno coñecementos de ciencias sociais para dirixir mellor o obxectivo dos infográficos

  • Valiño, Álvaro. Público.

Fala do importante que é que as ilustracións que conteñan as representacións de datos sexan claramente comprensibles.

  • Viesselman, Kris. Society for News Design.

Explica que hoxe en día hai unha maior tendencia a introducir datos nos gráficos, mentras que antes eran más visuales.

  • Wattenberg, Martin. e Viégas, Fernanda. IBM. Cambridge, Massachusetts (2010)

Adícanse a crear programas de visualización de datos. Defensores da democratización e libre acceso aos datos que se suben á web.

 

2. Fontes gráficas, estudos, etc

  • All Roads of EEUU (2005) (visualización), Ben Fry
  • BBC Online: Mortes por accidentes de tráfico en UK, Vítimas en Afganistán e Irak. (gráficos)
  • The New York Times: Budge Forecasts compared to reality (visualización), Amanda Cox
  • Google Creative Lab.: “Tráfico aéreo en Norteamérica”, “Altura dos voos de Nevada e Nueva York (2005)” (visualizacións)
  • IBM: experimento “Many Eyes”: Number Subprime Loans vs. Number of Housing Units, Distribution of US Foreign Aid over time (1946-2005), Big Banks, (infográficos) Martin Wattenberg e Fernanda Viégas
  • Informe Felton”, (infografía) creado por Nicholas Felton, no que conta datos sobre a súa vida no ano 2009
  • Lord of the Rings. Movie Character Interactions (2007), (visualización) Amanda Cox
  • Motion Graphic: Vampire energy, (infográfico) Koci Hernández
  • Obesity rates in the U.S. (visualización)
  • Protovis: Nightingale’s Rose, Choropleth Maps, Playfair’s Wheat. (visualización)
  • Protovis: Nightingale’s Rose, Choropleth Maps, Playfair’s Wheat. (visualización)
  • Roland Loesslein, The Human’s Development, (infográfico) (2009).
  • The New York Times: : The Cast of a Session, How many do you speak. (infográfico)
  • Voronoi (diagrama), Economic Pieces, Amanda Cox

 

 3. Empresas, programas nomeados, etc

  • Base de datos: gov
  • Blogs que publican infografías como Infoesthetics, Flowing Data o Visual Complexit.
  • Estructura de Amanda Cox: diagrama Voronoi
  • Flare, grupo de bibliotecas en liña para Flash e Flex.
  • Ferramentas para a creación de gráficas: Swivel, Many Eyes (IBM), Wordle (nubes de palabras), Widgenie.
  • Premio espectáculo do Molofiej, celebrado anualmente en Pamplona: Svenska Dagbladet. Thomas Molén
  • Protovis, programa para o deseño de visualizacións de JavaScript

Texto resumo de todos os datos recollidos, por Marta Otero Mayán

Para a realización deste traballo sobre a visualización de datos no xornalismo, partimos da análise dunha serie de 8 documentais de curta duración (entre os 4 e os 11 minutos) titulado “Journalism in the age of data”. O conxunto documental, cuxa dirección correspondería ao estadounidense Geoff Mcgee, data de 2010.

A serie de contidos que presentan as pezas audiovisuais é extensa e variada, ocupando cada unha das partes unha temática diversa: A primeira delas consiste nunha Introducción, onde se fala do proxecto “Many Eyes”, cuxa principal pretensión é conseguir que a xente suba datos recollidos en texto para poder presentalos con diferentes visualizacións e facelos así accesibles. A segunda parte, de nome “Visualización de datos no xornalismo”, entra xa en materia presentándonos o futuro do xornalismo de datos partindo dunha premisa: A importancia dos datos, na próxima década, estará en saber como tratalos, recalcando a claridade como cualidad indispensable dunha infografía. A terceira parte, “Contando historias de datos”, versa sobre a importancia da interacción do usuario cos datos, á hora de manexalos e extraer as súas conclusións. Analiza asimismo as diferencias entre a prensa escrita e a web, resultando esta última máis atractiva á hora da interacción. O cuarto video, “Unha nova era nos infográficos” repasa o Malofiej, o congreso internacional máis importante de infografías; onde se combinan charlas, premios e presentacións de gráficos aplicados ao mundo das noticias. O quinto vídeo, “A vida coma un fluxo de datos”, No quinto vídeo un deseñador gráfico conta como decidiu resumir de xeito estadístico todo o seu ano 2005, con resultado exitoso. A sexta peza, “Explorando os datos”, fálase do impulso por parte de Google a través dunha ferramenta para poder acceder de xeito máis doado ós datos públicos, por exemplos os do Banco Mundial, toda unha revolución para o traballo xornalístico. No penúltimo vídeo, “Tecnoloxías e instrumentos”, analiza a importancia de diversos programas de desenvolvemento de gráficos interactivos, como Java ou Flash. Na última das pezas, titulada “Primeiros pasos”,  amósasenos unha serie de páxinas que podemos empregar por nós mesmos á hora de elaborar gráficas sinxelas, combinadas sempre e de xeito inherente ao coñecemento básico propio do oficio do periodista.

Á marxe dos diversos xeitos de expresalo, a mensaxe que a serie de curtas pretende transmitirnos é moi sinxela: As novas tecnoloxías teñen que ir ligadas de forma inherente ao xornalismo de datos, e esta unión debe trascender á súa forma descritiva.

Os contidos en formato infográfico aportan credibilidade e claridade ao asunto tratado. O xornalismo de datos, que xorde da inxente cantidade de información dispoñible en Internet e as novas ferramentas centradas no usuario, na autoedición e a colaboración, debe ir sempre ligado ao ámbito profesional e académico, aínda que polo de agora estea pouco explorado neste último. Definir os seus trazos resultaría redundante, pois estes poderíanse resumir en accesibilidade, claridade e interacción. Ten como orixe as habilidades clásicas do xornalismo de investigación pero son as novas ferramentas informáticas as que interveñen en todo o proceso de produción da información. O xornalismo de datos, malia ter nacido ao abeiro das novas tecnoloxías, non está extento de antecedentes: O xornalismo de precisión, baseado en desenvolver e interpretar datos empíricos recolectados, relacionados e verificados mediante métodos científicos de investigación socioestatística ou informática, ou o Xornalismo Asistido por Computadora (PAC), que se encadra nun periodo de tempo entre o xornalismo de precisión e o xornalismo de datos, definido como calquera proceso que utiliza a asistencia da computadora durante a recolección e procesamento de datos.

Esta nova forma de xornalismo  se sirve de unha serie de instrumentos para resultar atractiva e comprensible para o usuario, tales como programas como Adobe Flash, Java, ou ferramentas de outra natureza como bibliotecas e toolkits. Existe outro tipo de aplicacións, como Le  Step, que contén o necesario para a elaboración tanto de gráficas ou táboas como mapas.  A utilización do xornalismo de datos, cada vez máis recorrente, lévao a convivir con outras variantes máis asentadas e desenvolvidas do oficio, como o Xornalismo cidadán ou participativo, o xornalismo de investigación ou o xornalismo especializado; coa posibilidade de facelo ao mesmo nivel nun futuro ou mesmo a combinarse. Malia que o futuro do xornalismo é incerto, existen unha serie de claves que podemos vislumbrar dende a nosa posición: aumentará a cantidade de tecnoloxía a menor prezo (Internet das cousas), farase necesaria unha tecnoloxía encriptada en pos da privacidade do individuo, e as experiencias da transmisión de mensaxes voltaranse cada vez máis interactivas, como se deixa entrever nas pezas documentais xa mencionadas. Para a elaboración destas pezas, o director e os realizadores servíronse dun variado conxunto de fontes, de diversa orixe e natureza. Dende a máis variada tipoloxía de fontes persoais, entre a que atopamos creadores e desenvolvedores de aplicacións infográficas, tales como Shawn Allen (cocreador de “Crimespotting”), Lee Byron (gañador do premio “Gráfico de exposición”), ou xornalistas como Amanda Cox, (considerada unha das xornalistas de referencia en EEUU na recollida de datos mediante infográficos). Tamén se sirve do saber de varios deseñadores gráficos, como Nicholas Felton ou Aaron Coblin; expertos en software como Ben Fry, xornalistas do The New York Times como Kevin Quealy, ou mesmo a editora gráfica, Hannah Fairfield, que aseguran que o medio para o que traballan é o que máis recursos empregan para a visualización de representacións; e expertos de toda índole, tales como o profesor Michael Stoll, da universidade de Augsburg, Alemania, ou  Richard Kozi Hernández, profesor da Universidade de Berkeley, California.

En cuanto as fontes gráficas e estudos empregados, destaca tamén a súa diversa natureza, dende visualizacións como “All Roads of EEUU” de Ben Fry ou “Mortes por accidentes de tráfico en UK”, publicada pola BBC Online, ata outros temas menos noticiables, como o “Lord of the rings: Interaccións das personaxes da película” de Amanda Cox ou o “Informe Felton”, onde Nicholas Felton conta datos da súa propia vida en 2005. De entre as empresas ou programas nomeados destacarían bases de datos como data.gov, blogs de infografías como Infoesthetics, grupos de bibliotecas en línea como Flare,ou programas de deseño como Protovis.

As conclusións extraídas polo grupo trala realización da análise son que, efectivamente, o xornalismo de datos representa o futuro á hora de transmitir e convertir en accesibles informacións de toda natureza. A claridade expositiva do documental non deixa lugar a dúbidas sobre a importancia dos datos na experiencia da comunicación, así como a necesidade de desenvolver soportes que consigan que estes datos non pasen desapercibidos para o usuario. A infografía, deste xeito, preséntasenos como unha das ferramentas más útiles á hora de transmitir e comunicar, e que, seguramente, remataremos utilizando de maneira recorrente nas nosas próximas carreiras profesionais.

O xornalismo de datos- por Elisa Piñón Hermida

A aparición das novas tecnoloxías crearon o mundo dixital no que vivimos  actualmente. Este está ligado por completo ao xornalismo de datos. Por iso, a súa importancia transcende á súa forma descritiva. Non son conceptos independentes “xornalismo” e “datos” numéricos, senón que conforman un “todo” imprescindible para complementar ao xornalista. A través do xornalismo de datos constrúense infografías que aportan credibilidade aos contidos e facilitan a comprensibilidade. O xornalismo de datos tamén axuda a relacionar unha historia cun individuo en concreto. Esta última ferramenta é moi utilizada actualmente pola BBC ou o Financial Times onde , a través de interactivos, pódese ver como afectarían os presupostos a un individuo particular. Así, o xornalismo de datos resulta imprescindible no ámbito profesional, como tamén no académico, empresarial, tecnolóxico e de contido aínda que non se aprecie equitativamente en cada un destes ámbitos.

¿Que é o xornalismo de datos?

Este ámbito do xornalismo non é unha tipoloxía moi estudada a nivel académico, pero si que se traballa a nivel profesional.

Segundo Juan Manuel Zafra a base do xornalismo de datos sería a inclusión dos enormes e abundantes xacementos da información dispoñible na rede. Esta información complétaa  Liliana Bounegru, dicindo que este xornalismo de datos xorde da xa citada inxente cantidade de información dispoñible en Internet e as novas ferramentas centradas no usuario, na autoedición e a colaboración, como o crowdsourcing, o que supón unha nova etapa para os profesionais da información. (Bueno Plaza, Ana 2014, p.6)

Outra serie de autores entenden o Xornalismo de Datos como unha forma de xornalismo de investigación que se serve da informática para buscar, contrastar, visualizar, combinar e proporcionar información tanto de fontes de ámbito público como privado. Tamén inclúen que é a nova veta do xornalismo de investigación ao valerse de ferramentas estatísticas e da visualización para volver a contar historias e descubrir outras novas que contar.

Unha das definicións máis completas expona Aron Pilhofer, editor das noticias interactivas de The New York Times. Segundo o autor, o Xornalismo de Datos é unha disciplina cada vez máis ampla na que se utilizan ferramentas, técnicas e enfoques para contar historias, incluíndo as tradicionais técnicas de Xornalismo asistido por computadora ata as novedosas aplicacións de visualización. O fin último é proporcionar información e análise ao público para achegalo aos temas diarios máis importantes. (Pilhofer en Gray, Chambers y Bounegru 2011).

Trazos do xornalismo de datos:

El periodismo de datos se caracteriza por ter un acceso aos  datos, un tratamento e unha publicación creada ao redor das novas tecnoloxías e ferramentas. (Ferreras, 2013:123)
Ten como orixe as habilidades clásicas do xornalismo de investigación pero son as novas ferramentas informáticas as que interveñen en todo o proceso de produción da información.

Instrumentos do xornalismo de datos:

O xornalista Matthew Ericson, de The New York Times afirma que as Gráficas interactivas fanse con Adobe Flash

Jeffrey Heer (Standford University) Java, Flash, Silverlight de Microsoft (este último inclúese e execútase na páxina web)

Fernanda Viégas IBM Research, bibliotecas e “toolkits” fan o proceso de creación de visualización menos engorroso.   Jeffrey Heer creou Flare (para Flash e Flex) e Protovis (para JavaScript). A segunda é un linguaxe que foi creado para o deseño de visualizacións.

Como funciona: parte da base de que hai unha determinada cantidade de formas básicas tales como barras, símbolos, trazados ou áreas as cales recibengrupos de datos que quedan trazados nestas formas. Así, convértese nunha linguaxe que di que propiedades deben desenvolverse como propiedades desas marcas gráficas.

Outro tipo de aplicacións, as que utiliza Le Monde, é un sistema de xestión de contidos, chamado Le Step que contén o necesario para elaborar gráficas e táboas, así como mapas para representar, por exemplo, o resultado das eleccións xerais.

Por outra parte moitas destas aplicacións non están dispoñibles para móbiles e só funcionan nas computadoras, como é o caso da máis soada, Flash. Por ese motivo, mirando cara adiante habería que ir buscando outro tipo de ferramentas que foran compatibles cos dispositivos móbiles ou mesmo as tablets.

Californiawatch.org aporta diferentes solucións máis sinxelas que requiren menos coñecementos informáticos para quen empeza a mergullarse neste tipo de xornalismo, así como ManyEyes, Swivel, Wordle ou mesmo Google Charts, todos eles moi intuitivos.

O uso de diferentes ferramentas para expoñer de forma axeitada tódoslos datos, para que estes sexan comprensibles e facilmente accesibles, é algo que se prolongará pouco no tempo. Fernanda Viégas  afirma que a promesa de “escribir unha vez, e executar en todas partes” está cada vez máis preto. Así como tamén, a idea de Jeffrey Her, a aparición dun programa híbrido entre Excel, Illustrator e algo máis que aínda non se pensou.

Antecedentes ao xornalismo de datos:

Este ámbito de xornalismo non naceu debido a aparición das novas tecnoloxías explicitamente, senón que ten unha serie de antecendentes que fan que sexa como hoxe en día o coñecemos.

O xornalismo de precisión, desenvolto academicamente por Philip Meyer e introducido en España nos anos noventa por José Luís Dader, é un dos pilares nos que se sustenta o xornalismo de datos. Este último autor define esta tipoloxía como “a información xornalística que se basa en desenvolver e interpretar datos empíricos recolectados, relacionados e verificados mediante métodos científicos de investigación socioestatística ou informática” (Dader, 1997:22). O fin deste xornalismo é, segundo constata o autor, verificar unha relación antes desapercibida ante diversas circunstancias ou sucesos illados.

Outro dos pilares do xornalismo de datos é o Xornalismo Asistido por Computadora (PAC), coñecido en inglés polas súas siglas CAR (Computer Assited Reporting). Encádrase nun periodo de tempo entre o xornalismo de precisión e o xornalismo de datos.  Esta tipoloxía é definida como calquera proceso que utiliza a asistencia da computadora durante a recolección e procesamento de datos, segundo recolle Sandra Crucianelli no informe de Knight International Journalism Fellowship. (Crucianelli, Sandra)

Así, o xornalismo de datos convértese nunha mestura que xorde da recoleción e interpretación de datos a través da investigación científica e o uso das computadoras para eses mesmos traballos. Así, o xornalismo de precisión podería funcionar ser a asistencia de computadoras. Sen embargo para facer xornalismo asistido por computadora, é imprescindible o xornalismo de precisión.

Isto complementaríase coa aportación  de Gray, Chambres e Brounegru (2011) que din que o xornalismo de datos forma parte dunha tradición máis lonxeva pero que responde a novas circunstancias e condicións.

Outras formas de xornalismo na actualidade:

A gran cantidade de ferramentas tecnolóxicas das que dispoñemos actualmente, unido ás innovacións xornalísticas, fixeron posible a aparición de diversos tipos de xornalismo practicados en todo o mundo. Algúns deles son:

  • Xornalismo cidadán ou participativo: aproxímase máis a comunicación persoal a través de conversacións espontáneas, que ás narracións de historias reais presentadas polo xornalismo profesional.  Os dous eixos nos que se apoia esta variedade de xornalismo son o da lóxica do espectáculo, tan presente na cultura actual, (na medida na que se expón ao público de forma concreta, emocional e dinámica) como a inmediatez da recompensa do consumo, incluído o cognoscitivo (Barrico, 2008). O xornalismo cidadán xera moitas discrepancias entre os diferentes autores xa que moitos non consideran que se poida considerar un tipo de xornalismo en si mesmo, senón unha “opinión pública” ou mesmo a achega de historias por parte de persoas que non se adican ao xornalismo. Sen embargo, esta práctica constitúe unha realidade no presente, e polo tanto hai que considerala a pesar das diferentes teorías.
  • Xornalismo de investigación: según a UNESCO  este tipo de xornalismo sería a tarefa de revelar cuestións encubertas de forma deliberada, por alguén nunha posición de poder, ou de maneira accidental, detrás dunha masa caótica de datos e circunstancias que dificultan a comprensión. É unha actividade que require o uso de fontes e documentos tanto públicos como secretos. O xornalismo de investigación ten unha longa traxectoria ás súas costas e pervive hoxe en día.
  • Xornalismo especializado: a especialización xornalística é posible grazas as innovacións tecnolóxicas, pero sobre todo, debido á demanda do consumidor. As persoas cada vez solicitan un xornalismo máis concreto que se achegue a diferentes ámbitos como poder ser o científico, cultural, político ou mesmo narrativo.  “A especialización temática dos futuros profesionais do xornalismo é xa unha necesidade perentoria e un feito irreversible (…) unha esixencia social porque cada vez son máis os temas abordados e hai que explicalos. Os lectores queren saber máis cousas e con máis detalle. E o xornalista debe coñecelas” así o apunta un especialista do Departamento de Xornalismo da Universidade do País Vasco.

Futuro do xornalismo:

Ninguén pode facer un pronóstico totalmente acertado sobre o que lle pasará ao mundo xornalístico nas próximas décadas. Sen embargo, as hipóteses sobre os cambios, novas ferramentas e formatos xa son unha realidade que aporta algo de luz desta inevitable incógnita.

Algúns autores, como James Harding, director de “BBC News” elaborou un informe acerca do futuro do xornalismo.  Nel, aborda a tecnoloxía, a televisión e o ámbito xornalístico en xeral.

Harding asegura que a aumentará a cantidade de tecnoloxía e diminuirá o seu prezo, polo que esta, estará en todos os ámbitos da nosa vida, dará lugar ao que xa se chama: a internet das cousas.

Por outra parte, o “big data” fará necesaria a tecnoloxía encriptada para poder protexer a información do individuo, aínda que, de tódolos xeitos aportaremos máis datos ás empresas. Sen embargo, isto facilitará e mellorará as nosas vidas segundo asegura a BBC.

No tocante ás pantallas de televisión, estas serán masivas e as historias retransmitidas  serán en árbore en vez de en arco, para que cada espectador poida facer a súa propia experiencia virtual. Para o 2020 os programas serán interactivos e participativos cos espectadores e para o 2030 todo o mundo verá a televisión a través de internet.

O informe da BBC tamén diferenza entre dous tipos de lectores, os que botan un vistazo ás noticias e os que buscan as noticias e as len en profundidade. Por ese mesmo motivo, o futuro das pezas informativas dividírase entre as moi curtas e as moi longas, así satisfaceríase a eses dous grandes colectivos.

Atoparemos tamén dúas novas tipoloxías de xornalismo moi pouco desenvolvidas hoxe en día, o xornalismo participativo, onde o xornalista interactúa cos seus lectores, e o xornalismo transparente onde os xornalistas poderán dicir todo o que saben e o que non saben, publicando as transcripcións das entrevistas ou mesmo citando a outros xornalistas.

James Harding aclara, neste informe, un aspecto que non debe cambiar nunca dentro do xornalismo, como é: informar do que sucede, descubrir historias orixianais, ser vixiantes do poder e analizar, explicar e dar contexto á información que se ofrece.

Outros autores, como Jeffrey Her de Standford University non dúbida que “a capidade de tomar datos, entendelos, procesalos, extraer valor deles, visualizalos e comunicalos vai ser unha habilidade realmente importante na próxima década”

Exemplos de xornalismo de datos

Non causar dano

Este exemplo data do 2010 e pertence ao medio Las Vegas Sun. Trata sobre a atención nos hospitais mergullándose nos rexistros dos aranceis hospiatalarios. Fíxose unha análise de case tres millóns de rexistros o que revelou que moitas das incidencias ocorridas poderían ser evitables, de feito, determinouse que uns 300 pacientes que morreron poderían ter vivido de non ser polos erros cometidos.

Neste exemplo unha serie de elementos, un gráfico interactivo onde é posible ver as lesións quirúrxicas que se deron por hospitais, tamén un mapa que amosa a extensión de infeccións  e un gráfico interactivo que permite aos usuarios ordenar os datos por lesións evitables ou hosipitais.

O impacto que causou esta publicación afectou ao estado de Nevada que respondeu con seis lexislacións. Pola súa parte, un dos xornalistas que traballaron no estudo enviou varias veces os datos aos hospitais ata que correxiran os erros.

Visualización de texto completo dos rexistros da Guerra de Irak

A diferenza do anterior, este exemplo ten un sistema de visualización ben diferente e ademais, require un maior esforzo de comprensión. Sen embargo, os datos aportados pertencen a temas  interesante e dos que se poden concluir moitas cousas.

Nel empréganse técnicas experimentais e algoritmos de analítica de textos. Os seus autores, Jonathan Stray e Julian Burgess crearon un método que amosa a concentración de palabras clave contidas en informes dos EE. UU sobre a Gurra de Irak

É unha visión innovadora que permite calcular e visualizar temas/palabras clave de especial relevancia, poderíase determinar como un sub-campo do xornalismo de datos.

Rexistros da Guerra de Irak

The Upshot

É un dos sitios do New York Times que ten como obxectivo fundamental ordear os datos de forma que sexan comprensibles a través do texto. Segundo explica o seu coordinador,David Leonhardt, básanse nunha linguaxe sinxela para explicar noticias complexas, así as persoas poderían comprender todo o que se ofrece. Tamén afirmou, canso se creou o espazo, que se farán prediccións e non evitarán os xuízos analíticos que lles suxiran as cifras, así invitarán aos lectores a sacar as súas propias conclusións. Así, crearase unha colaboración entre xornalista e lectores, onde estes últimos aporten unha visión que facilite a comprensión da historia.

Actualmente The Upshot funciona como se esperaba e é un referente no mundo mediático como moitas das innovacións de The New York Times.

BIBLIOGRAFÍA (apuntes)

Bueno Plaza, Ana. “Periodismo de datos. Antecedentes, ámbitos de desarrollo y aplicación en medios generalistas: el caso de El Confidencial y El Periódico” [en liña]. Universidad de Valladolid. <https://uvadoc.uva.es/bitstream/10324/5752/1/TFG_F_2014_8.pdf> [Consulta: 12 novembro 2016]

Crucianelli, Sandra. “Guía práctica sobre el periodismo de datos” [en liña]. Knight International Journalism Fellowships.  <http://periodismodebasededatos.blogspot.com.es/> [Consulta: 12 novembro 2016]

Documental Journalism in The Age of Data (2009-2010) (vídeo)  <https://vimeo.com/album/1716234/sort:alphabetical/format:thumbnail>   

Harding, James. “Future of news” [en liña]. BBC. <http://www.bbc.co.uk/news/resources/idt-bbb9e158-4a1b-43c7-8b3b-9651938d4d6a> [Consulta: 12 novembro 2016]

Kaplan, David. “Global Investigate Journalism: Strategies for Support” [en liña]. Center of International Media Assistance.  <http://www.cima.ned.org/wp-content/uploads/2015/02/CIMA-Investigative%20Journalism%20-%20Dave%20Kaplan.pdf> [Consulta: 13 novembro 2016]

Pellegrini-Ripamonte, Silvia.  “Análisis conceptual del Periodismo Ciudadano y propuesta metodológica para analizar su contribución informativa” [en liña]. Scientific Electronic Library Online. <http://www.scielo.org.co/pdf/pacla/v13n2/v13n2a04.pdf> [Consulta: 12 novembro 2016]

Redacción. “Llega The Upshot, el nuevo sitio de periodismo de datos del New York Times”. 233 Grados, 23 abril 2014. <http://233grados.lainformacion.com/blog/2014/04/llega-the-upshot-el-nuevo-sitio-de-periodismo-de-datos-del-new-york-times.html>  [Consulta: 19 novembro 2016]

Salazar, Rosa Milagros. “Hacia un periodismo especializado, ágil y creativo: la experiencia de la revista de transportes Señales” [en liña]. Universidad Nacional Mayor de San Marcos. <http://sisbib.unmsm.edu.pe/bibvirtualdata/tesis/Human/Salazar_HR/enPDF/Cap1.pdf> [Consulta: 13 novembro 2016]

VV.AA. “Manual de Periodismo de datos” [en liña]. Open Knowledge Foundation.<http://interactivos.lanacion.com.ar/manual-data/index.html > [Consulta: 12 novembro 2016]