Reflexión sobre o futuro do ciberespazo, por Elisa Piñón Hermida

Na actualidade o mundo no que vivimos converteuse en algo virtual, á par que segue sendo real. Podemos diferenciar o físico do abstracto, da nube. Isto non sempre foi así, só dende a aparición de internet diferénzanse estes dous mundos. Sen embargo, a velocidade vertixinosa á que cambian as cousas non asegura que esta dualidade se manteña. Máis ben poderíase pensar que nunhas décadas a realidade física, tal e como a coñecemos, desaparecerá.

O ciberespazo engloba unha gran cantidade de datos inconcebible para a mente humana, estes datos forman parte de todas as persoas do mundo, e polo tanto, conforman as súas vidas. É dicir, parte da vida dun ser humano, está subida á nube debido aos avances tecnolóxicos e ao noso consentemento. Moitas veces para acceder a unha aplicación ou disfrutar dos contidos de determinada páxina web debemos “aceptar las condiciones de uso”, esas que case ninguén le. Pulsando o botón de “aceptar” prestamos a determinado servidor moita información sobre a nosa persoa. Quizáis isto non pareza relevante, mais os datos sobre as persoas son decisivos á hora de tomar decisións como por exemplo apuntou o historiador Yuval Harari. El afirma que os datos que ten a rede social facebook poderían ser determinantes para a elección da presidencia dos Estados Unidos, xa que facebook sabe que é o que queren escoitar esas persoas.

Este descoñecemento da sociedade dos datos que prestamos á rede supón unha vantaxe para as grandes empresas e organizacións como a CIA ou a NSA, un caso recente é o de Edward Snowden, informático da CIA que revelou, na prensa, que a CIA almacenaba datos de todas as persoas do mundo, podía entrar na súa intimidade activando as cámaras webs ou os micrófonos dos ordenadores, e así descubrir a vida privada das persoas. Cando o caso saíu á luz as autoridades estadounidenses negárono, mais hoxe, Edward Snowden vive exiliado en Rusia polas represalias ás que estaría sometido se volvera aos Estados Unidos.

Quizáis isto só sexa unha mínima parte do que existe, dos datos que prestamos. Estamos alimentando un monstruo imparable que, se non tomamos medidas, acabará co que hoxe é a vida privada, así a vida humana non valerá nada, xa que non pertenecerá ao individuo senón a quen o manexa.

Polo tanto, o ciberespazo é tan inmenso como perigoso, só os nosos actos serán capaz de convertilo en algo nefasto para a vida humana, ou en algo do que se poda sacar moito proveito.

Anuncios

2 pensamientos en “Reflexión sobre o futuro do ciberespazo, por Elisa Piñón Hermida”

  1. Uso da entrevista de Yuval Harari, sen reseñar os datos axeitadamente. Sen outros datos e outras fontes.
    A entrevista era un complemento para coñecer como evolucionarán as tecnoloxías que agora mesma centran a controversa: ciencia de datos, big data, intelixencia artificial, robótica, algoritmos… Que vai a pasar con todas esas formulacións, como vai a afectar, etcétera.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s