Utopía da ciencia

Entrevista a Yuval Noah Harari, historiador israel

Reflexión:

É certo que últimamente, nas derradeiras décadas, as novas tecnoloxías van ocupando máis ámbitos da vida cotiá das persoas como resultado do avance que experimentou a produción no noso sistema económico. Non obstante, non podemos, ou polo menos, non deberíamos especular dunha forma tan radical sobre o futuro do século que estamos vivindo, illando dunha maneira abstracta as leis económicas, políticas e sociais fillas do noso modo de producción. Da mesma forma, non podemos supoñer, sen adentrarnos nas forzas que rexen a historia, un posible cambio que non presenta nin pes nin cabeza ante os análises históricos máis concretos. A tecnoloxía e os seus avances non son máis que  o desenvolvemento das forzas produtivas dentro do capitalismo, forzas que non teñen unha desenvolvemento infinito, senón que polas propias leis inherentes ao sistema precisan da súa destrución cada un certo período de tempo, como forma de equilibrio do propio sistema, é o comunmente chamado como “crise económica”.

Do mesmo xeito, o motor da historia é a loita entre dúas clases antagónicas, cun ritmo marcado polos intereses de cada unha delas. Harari fala da desaparición da dicotomía pobres-ricos, á vez que afirma que só aqueles cunha posición económica elevada poderán acceder aos avances que presenta a ciencia en cada momento. A contradicción faise patente, posto que mentres exista o traballo asalariado e por tanto as mercancías, é dicir, os produtos destinados ao intercambio no mercado, continuarán a existir os asalariados e como consecuencia directa, os capitalistas.

Deste modo, as novas tecnoloxías e o seus avances tamén presentan uns limites marcados polo propio proceso de peodución, tanto nas comunicacións, como noutros ambitos da vida social, o que deixa patente que as declaracions do historiador non deixan máis que entrever unha utopía científica.

Anuncios

Un comentario en “Utopía da ciencia”

  1. Anónimo.
    A entrevista era un complemento para coñecer como evolucionarán as tecnoloxías que agora mesma centran a controversa: ciencia de datos, big data, intelixencia artificial, robótica, algoritmos… Que vai a pasar con todas esas formulacións, como vai a afectar, etcétera.
    Non hai documentación e nin siquera se reseña axeitadamente a entrevista.
    Ademais estaría fóra de prazo.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s