O xornalismo de datos- por Elisa Piñón Hermida

A aparición das novas tecnoloxías crearon o mundo dixital no que vivimos  actualmente. Este está ligado por completo ao xornalismo de datos. Por iso, a súa importancia transcende á súa forma descritiva. Non son conceptos independentes “xornalismo” e “datos” numéricos, senón que conforman un “todo” imprescindible para complementar ao xornalista. A través do xornalismo de datos constrúense infografías que aportan credibilidade aos contidos e facilitan a comprensibilidade. O xornalismo de datos tamén axuda a relacionar unha historia cun individuo en concreto. Esta última ferramenta é moi utilizada actualmente pola BBC ou o Financial Times onde , a través de interactivos, pódese ver como afectarían os presupostos a un individuo particular. Así, o xornalismo de datos resulta imprescindible no ámbito profesional, como tamén no académico, empresarial, tecnolóxico e de contido aínda que non se aprecie equitativamente en cada un destes ámbitos.

¿Que é o xornalismo de datos?

Este ámbito do xornalismo non é unha tipoloxía moi estudada a nivel académico, pero si que se traballa a nivel profesional.

Segundo Juan Manuel Zafra a base do xornalismo de datos sería a inclusión dos enormes e abundantes xacementos da información dispoñible na rede. Esta información complétaa  Liliana Bounegru, dicindo que este xornalismo de datos xorde da xa citada inxente cantidade de información dispoñible en Internet e as novas ferramentas centradas no usuario, na autoedición e a colaboración, como o crowdsourcing, o que supón unha nova etapa para os profesionais da información. (Bueno Plaza, Ana 2014, p.6)

Outra serie de autores entenden o Xornalismo de Datos como unha forma de xornalismo de investigación que se serve da informática para buscar, contrastar, visualizar, combinar e proporcionar información tanto de fontes de ámbito público como privado. Tamén inclúen que é a nova veta do xornalismo de investigación ao valerse de ferramentas estatísticas e da visualización para volver a contar historias e descubrir outras novas que contar.

Unha das definicións máis completas expona Aron Pilhofer, editor das noticias interactivas de The New York Times. Segundo o autor, o Xornalismo de Datos é unha disciplina cada vez máis ampla na que se utilizan ferramentas, técnicas e enfoques para contar historias, incluíndo as tradicionais técnicas de Xornalismo asistido por computadora ata as novedosas aplicacións de visualización. O fin último é proporcionar información e análise ao público para achegalo aos temas diarios máis importantes. (Pilhofer en Gray, Chambers y Bounegru 2011).

Trazos do xornalismo de datos:

El periodismo de datos se caracteriza por ter un acceso aos  datos, un tratamento e unha publicación creada ao redor das novas tecnoloxías e ferramentas. (Ferreras, 2013:123)
Ten como orixe as habilidades clásicas do xornalismo de investigación pero son as novas ferramentas informáticas as que interveñen en todo o proceso de produción da información.

Instrumentos do xornalismo de datos:

O xornalista Matthew Ericson, de The New York Times afirma que as Gráficas interactivas fanse con Adobe Flash

Jeffrey Heer (Standford University) Java, Flash, Silverlight de Microsoft (este último inclúese e execútase na páxina web)

Fernanda Viégas IBM Research, bibliotecas e “toolkits” fan o proceso de creación de visualización menos engorroso.   Jeffrey Heer creou Flare (para Flash e Flex) e Protovis (para JavaScript). A segunda é un linguaxe que foi creado para o deseño de visualizacións.

Como funciona: parte da base de que hai unha determinada cantidade de formas básicas tales como barras, símbolos, trazados ou áreas as cales recibengrupos de datos que quedan trazados nestas formas. Así, convértese nunha linguaxe que di que propiedades deben desenvolverse como propiedades desas marcas gráficas.

Outro tipo de aplicacións, as que utiliza Le Monde, é un sistema de xestión de contidos, chamado Le Step que contén o necesario para elaborar gráficas e táboas, así como mapas para representar, por exemplo, o resultado das eleccións xerais.

Por outra parte moitas destas aplicacións non están dispoñibles para móbiles e só funcionan nas computadoras, como é o caso da máis soada, Flash. Por ese motivo, mirando cara adiante habería que ir buscando outro tipo de ferramentas que foran compatibles cos dispositivos móbiles ou mesmo as tablets.

Californiawatch.org aporta diferentes solucións máis sinxelas que requiren menos coñecementos informáticos para quen empeza a mergullarse neste tipo de xornalismo, así como ManyEyes, Swivel, Wordle ou mesmo Google Charts, todos eles moi intuitivos.

O uso de diferentes ferramentas para expoñer de forma axeitada tódoslos datos, para que estes sexan comprensibles e facilmente accesibles, é algo que se prolongará pouco no tempo. Fernanda Viégas  afirma que a promesa de “escribir unha vez, e executar en todas partes” está cada vez máis preto. Así como tamén, a idea de Jeffrey Her, a aparición dun programa híbrido entre Excel, Illustrator e algo máis que aínda non se pensou.

Antecedentes ao xornalismo de datos:

Este ámbito de xornalismo non naceu debido a aparición das novas tecnoloxías explicitamente, senón que ten unha serie de antecendentes que fan que sexa como hoxe en día o coñecemos.

O xornalismo de precisión, desenvolto academicamente por Philip Meyer e introducido en España nos anos noventa por José Luís Dader, é un dos pilares nos que se sustenta o xornalismo de datos. Este último autor define esta tipoloxía como “a información xornalística que se basa en desenvolver e interpretar datos empíricos recolectados, relacionados e verificados mediante métodos científicos de investigación socioestatística ou informática” (Dader, 1997:22). O fin deste xornalismo é, segundo constata o autor, verificar unha relación antes desapercibida ante diversas circunstancias ou sucesos illados.

Outro dos pilares do xornalismo de datos é o Xornalismo Asistido por Computadora (PAC), coñecido en inglés polas súas siglas CAR (Computer Assited Reporting). Encádrase nun periodo de tempo entre o xornalismo de precisión e o xornalismo de datos.  Esta tipoloxía é definida como calquera proceso que utiliza a asistencia da computadora durante a recolección e procesamento de datos, segundo recolle Sandra Crucianelli no informe de Knight International Journalism Fellowship. (Crucianelli, Sandra)

Así, o xornalismo de datos convértese nunha mestura que xorde da recoleción e interpretación de datos a través da investigación científica e o uso das computadoras para eses mesmos traballos. Así, o xornalismo de precisión podería funcionar ser a asistencia de computadoras. Sen embargo para facer xornalismo asistido por computadora, é imprescindible o xornalismo de precisión.

Isto complementaríase coa aportación  de Gray, Chambres e Brounegru (2011) que din que o xornalismo de datos forma parte dunha tradición máis lonxeva pero que responde a novas circunstancias e condicións.

Outras formas de xornalismo na actualidade:

A gran cantidade de ferramentas tecnolóxicas das que dispoñemos actualmente, unido ás innovacións xornalísticas, fixeron posible a aparición de diversos tipos de xornalismo practicados en todo o mundo. Algúns deles son:

  • Xornalismo cidadán ou participativo: aproxímase máis a comunicación persoal a través de conversacións espontáneas, que ás narracións de historias reais presentadas polo xornalismo profesional.  Os dous eixos nos que se apoia esta variedade de xornalismo son o da lóxica do espectáculo, tan presente na cultura actual, (na medida na que se expón ao público de forma concreta, emocional e dinámica) como a inmediatez da recompensa do consumo, incluído o cognoscitivo (Barrico, 2008). O xornalismo cidadán xera moitas discrepancias entre os diferentes autores xa que moitos non consideran que se poida considerar un tipo de xornalismo en si mesmo, senón unha “opinión pública” ou mesmo a achega de historias por parte de persoas que non se adican ao xornalismo. Sen embargo, esta práctica constitúe unha realidade no presente, e polo tanto hai que considerala a pesar das diferentes teorías.
  • Xornalismo de investigación: según a UNESCO  este tipo de xornalismo sería a tarefa de revelar cuestións encubertas de forma deliberada, por alguén nunha posición de poder, ou de maneira accidental, detrás dunha masa caótica de datos e circunstancias que dificultan a comprensión. É unha actividade que require o uso de fontes e documentos tanto públicos como secretos. O xornalismo de investigación ten unha longa traxectoria ás súas costas e pervive hoxe en día.
  • Xornalismo especializado: a especialización xornalística é posible grazas as innovacións tecnolóxicas, pero sobre todo, debido á demanda do consumidor. As persoas cada vez solicitan un xornalismo máis concreto que se achegue a diferentes ámbitos como poder ser o científico, cultural, político ou mesmo narrativo.  “A especialización temática dos futuros profesionais do xornalismo é xa unha necesidade perentoria e un feito irreversible (…) unha esixencia social porque cada vez son máis os temas abordados e hai que explicalos. Os lectores queren saber máis cousas e con máis detalle. E o xornalista debe coñecelas” así o apunta un especialista do Departamento de Xornalismo da Universidade do País Vasco.

Futuro do xornalismo:

Ninguén pode facer un pronóstico totalmente acertado sobre o que lle pasará ao mundo xornalístico nas próximas décadas. Sen embargo, as hipóteses sobre os cambios, novas ferramentas e formatos xa son unha realidade que aporta algo de luz desta inevitable incógnita.

Algúns autores, como James Harding, director de “BBC News” elaborou un informe acerca do futuro do xornalismo.  Nel, aborda a tecnoloxía, a televisión e o ámbito xornalístico en xeral.

Harding asegura que a aumentará a cantidade de tecnoloxía e diminuirá o seu prezo, polo que esta, estará en todos os ámbitos da nosa vida, dará lugar ao que xa se chama: a internet das cousas.

Por outra parte, o “big data” fará necesaria a tecnoloxía encriptada para poder protexer a información do individuo, aínda que, de tódolos xeitos aportaremos máis datos ás empresas. Sen embargo, isto facilitará e mellorará as nosas vidas segundo asegura a BBC.

No tocante ás pantallas de televisión, estas serán masivas e as historias retransmitidas  serán en árbore en vez de en arco, para que cada espectador poida facer a súa propia experiencia virtual. Para o 2020 os programas serán interactivos e participativos cos espectadores e para o 2030 todo o mundo verá a televisión a través de internet.

O informe da BBC tamén diferenza entre dous tipos de lectores, os que botan un vistazo ás noticias e os que buscan as noticias e as len en profundidade. Por ese mesmo motivo, o futuro das pezas informativas dividírase entre as moi curtas e as moi longas, así satisfaceríase a eses dous grandes colectivos.

Atoparemos tamén dúas novas tipoloxías de xornalismo moi pouco desenvolvidas hoxe en día, o xornalismo participativo, onde o xornalista interactúa cos seus lectores, e o xornalismo transparente onde os xornalistas poderán dicir todo o que saben e o que non saben, publicando as transcripcións das entrevistas ou mesmo citando a outros xornalistas.

James Harding aclara, neste informe, un aspecto que non debe cambiar nunca dentro do xornalismo, como é: informar do que sucede, descubrir historias orixianais, ser vixiantes do poder e analizar, explicar e dar contexto á información que se ofrece.

Outros autores, como Jeffrey Her de Standford University non dúbida que “a capidade de tomar datos, entendelos, procesalos, extraer valor deles, visualizalos e comunicalos vai ser unha habilidade realmente importante na próxima década”

Exemplos de xornalismo de datos

Non causar dano

Este exemplo data do 2010 e pertence ao medio Las Vegas Sun. Trata sobre a atención nos hospitais mergullándose nos rexistros dos aranceis hospiatalarios. Fíxose unha análise de case tres millóns de rexistros o que revelou que moitas das incidencias ocorridas poderían ser evitables, de feito, determinouse que uns 300 pacientes que morreron poderían ter vivido de non ser polos erros cometidos.

Neste exemplo unha serie de elementos, un gráfico interactivo onde é posible ver as lesións quirúrxicas que se deron por hospitais, tamén un mapa que amosa a extensión de infeccións  e un gráfico interactivo que permite aos usuarios ordenar os datos por lesións evitables ou hosipitais.

O impacto que causou esta publicación afectou ao estado de Nevada que respondeu con seis lexislacións. Pola súa parte, un dos xornalistas que traballaron no estudo enviou varias veces os datos aos hospitais ata que correxiran os erros.

Visualización de texto completo dos rexistros da Guerra de Irak

A diferenza do anterior, este exemplo ten un sistema de visualización ben diferente e ademais, require un maior esforzo de comprensión. Sen embargo, os datos aportados pertencen a temas  interesante e dos que se poden concluir moitas cousas.

Nel empréganse técnicas experimentais e algoritmos de analítica de textos. Os seus autores, Jonathan Stray e Julian Burgess crearon un método que amosa a concentración de palabras clave contidas en informes dos EE. UU sobre a Gurra de Irak

É unha visión innovadora que permite calcular e visualizar temas/palabras clave de especial relevancia, poderíase determinar como un sub-campo do xornalismo de datos.

Rexistros da Guerra de Irak

The Upshot

É un dos sitios do New York Times que ten como obxectivo fundamental ordear os datos de forma que sexan comprensibles a través do texto. Segundo explica o seu coordinador,David Leonhardt, básanse nunha linguaxe sinxela para explicar noticias complexas, así as persoas poderían comprender todo o que se ofrece. Tamén afirmou, canso se creou o espazo, que se farán prediccións e non evitarán os xuízos analíticos que lles suxiran as cifras, así invitarán aos lectores a sacar as súas propias conclusións. Así, crearase unha colaboración entre xornalista e lectores, onde estes últimos aporten unha visión que facilite a comprensión da historia.

Actualmente The Upshot funciona como se esperaba e é un referente no mundo mediático como moitas das innovacións de The New York Times.

BIBLIOGRAFÍA (apuntes)

Bueno Plaza, Ana. “Periodismo de datos. Antecedentes, ámbitos de desarrollo y aplicación en medios generalistas: el caso de El Confidencial y El Periódico” [en liña]. Universidad de Valladolid. <https://uvadoc.uva.es/bitstream/10324/5752/1/TFG_F_2014_8.pdf> [Consulta: 12 novembro 2016]

Crucianelli, Sandra. “Guía práctica sobre el periodismo de datos” [en liña]. Knight International Journalism Fellowships.  <http://periodismodebasededatos.blogspot.com.es/> [Consulta: 12 novembro 2016]

Documental Journalism in The Age of Data (2009-2010) (vídeo)  <https://vimeo.com/album/1716234/sort:alphabetical/format:thumbnail>   

Harding, James. “Future of news” [en liña]. BBC. <http://www.bbc.co.uk/news/resources/idt-bbb9e158-4a1b-43c7-8b3b-9651938d4d6a> [Consulta: 12 novembro 2016]

Kaplan, David. “Global Investigate Journalism: Strategies for Support” [en liña]. Center of International Media Assistance.  <http://www.cima.ned.org/wp-content/uploads/2015/02/CIMA-Investigative%20Journalism%20-%20Dave%20Kaplan.pdf> [Consulta: 13 novembro 2016]

Pellegrini-Ripamonte, Silvia.  “Análisis conceptual del Periodismo Ciudadano y propuesta metodológica para analizar su contribución informativa” [en liña]. Scientific Electronic Library Online. <http://www.scielo.org.co/pdf/pacla/v13n2/v13n2a04.pdf> [Consulta: 12 novembro 2016]

Redacción. “Llega The Upshot, el nuevo sitio de periodismo de datos del New York Times”. 233 Grados, 23 abril 2014. <http://233grados.lainformacion.com/blog/2014/04/llega-the-upshot-el-nuevo-sitio-de-periodismo-de-datos-del-new-york-times.html>  [Consulta: 19 novembro 2016]

Salazar, Rosa Milagros. “Hacia un periodismo especializado, ágil y creativo: la experiencia de la revista de transportes Señales” [en liña]. Universidad Nacional Mayor de San Marcos. <http://sisbib.unmsm.edu.pe/bibvirtualdata/tesis/Human/Salazar_HR/enPDF/Cap1.pdf> [Consulta: 13 novembro 2016]

VV.AA. “Manual de Periodismo de datos” [en liña]. Open Knowledge Foundation.<http://interactivos.lanacion.com.ar/manual-data/index.html > [Consulta: 12 novembro 2016]

Un comentario en “O xornalismo de datos- por Elisa Piñón Hermida”

  1. De acordo. Sen embargo hai certos problemas importantes:
    as infografías son unha representación visual nas que xa se traballaba antes da popularidade da expresión xornalismo de datos. Citas de José Manuel Zafra, Liliana Bounegru non correctas, falta ano e páxina si houbera. O paréntese de Bueno Plaza, Ana, incorrecto, na cita parentética (Apelidos, ano, p. 46). Que outra serie de autores destacan xornalismo de investigación? Aaron Pilhofer penso que está en The Guardian (https://uk.linkedin.com/in/aronpilhofer), segundo o autor, por que autor? E a cita non sei en que manual se usa (Pilhofer en Gray, Chambers y Bounegru 2011)? Ferreras (2015:103 e antes aparecía p.26? Ferramentas: non entendo, antes sí se usaba o Flash, o documental é 2009-2010, agora hai outras aplicación que permiten facer gráficos interactivos. Le Sept é un sistema que só se usa en Le Monde. ¿Californiawath.org, como aporta aplicación máis sinxelas? Sandra Crucianelli, mal a cita e que informe de Crucianelli?, así como Gray, Chambers e Bounegru, que son os editores do libro, e Unesco.
    Outras modalidades: xornalismo investigación e xornalismo especializado? En fin, tanto o xornalismo de investigación como o especializado non son outras modalidades, xa están ahí, xa estaban ahí, antes de que se popularizara a expresión xornalismo de datos. Harding elabora un informe, mal citado así como Jeffrey Heer, que sí ten textos relacionados coas narrativas de visualización e dos que se fala no documental. Está ben o uso de propostas do documental, pero isto xa tiña o seu apartado. O apartado sobre xornalismo de datos era unha forma de ampliar a información, de documentarse e buscar máis propostas, que as hai. Exemplos, hai moitos e neste momento hai publicacións, incluida The Guardian ou La Nación, que teñen bloques/sección dedicada ao xornalismo de datos. Quen é o especialista do Departamento de Xornalismo do País Vasco?
    Bibliografía (apuntes): penso que nos apuntes non aparece o título entre comiñas e en cursiva. En cursiva vai o sitio de publicación e os nomes dos xornais. Falta a data en moitas das referencias. Faltan Meyer, Ferreras, Dader, Zafra, Bounegru, Heer, Unesco, Barrico e especialista País Vasco.
    Bueno Plaza, Ana. “Periodismo de datos. Antecedentes, ámbitos de desarrollo y aplicación en medios generalistas: el caso de El Confidencial y El Periódico” [en liña]. Universidad de Valladolid, 2014. [Consulta: 12 novembro 2016].
    Crucianelli, Sandra. “Guía práctica sobre el periodismo de datos” [en liña]. Periodismo de Base de Datos, 21 marzo 2013. [Consulta: 12 novembro 2016].
    McGhee, Geoff. Journalism in the Age of Data, Estados Unidos, Knight Journalism Fellowship/Stanford University, 2009-2010. ou [Consulta: 18 novembro 2016].
    Pellegrini-Ripamonti, Silvia: o sitio é Palabra Clave, vol. 13, núm. 2, diciembre 2010.
    Salazar Herrera, Rosa Milagros. Hai que identificar a autoría tal como aparece no documento.
    Gray, Jonathan; Liliana Bounegru y Lucy Chambers. “Manual de Periodismo de Datos” [en línea]. Nacion Data, Libros. [Consulta: 25 novembro 2016].

    Me gusta

Deja un comentario