Texto resumo de todos os datos recollidos, por Marta Otero Mayán

Para a realización deste traballo sobre a visualización de datos no xornalismo, partimos da análise dunha serie de 8 documentais de curta duración (entre os 4 e os 11 minutos) titulado “Journalism in the age of data”. O conxunto documental, cuxa dirección correspondería ao estadounidense Geoff Mcgee, data de 2010.

A serie de contidos que presentan as pezas audiovisuais é extensa e variada, ocupando cada unha das partes unha temática diversa: A primeira delas consiste nunha Introducción, onde se fala do proxecto “Many Eyes”, cuxa principal pretensión é conseguir que a xente suba datos recollidos en texto para poder presentalos con diferentes visualizacións e facelos así accesibles. A segunda parte, de nome “Visualización de datos no xornalismo”, entra xa en materia presentándonos o futuro do xornalismo de datos partindo dunha premisa: A importancia dos datos, na próxima década, estará en saber como tratalos, recalcando a claridade como cualidad indispensable dunha infografía. A terceira parte, “Contando historias de datos”, versa sobre a importancia da interacción do usuario cos datos, á hora de manexalos e extraer as súas conclusións. Analiza asimismo as diferencias entre a prensa escrita e a web, resultando esta última máis atractiva á hora da interacción. O cuarto video, “Unha nova era nos infográficos” repasa o Malofiej, o congreso internacional máis importante de infografías; onde se combinan charlas, premios e presentacións de gráficos aplicados ao mundo das noticias. O quinto vídeo, “A vida coma un fluxo de datos”, No quinto vídeo un deseñador gráfico conta como decidiu resumir de xeito estadístico todo o seu ano 2005, con resultado exitoso. A sexta peza, “Explorando os datos”, fálase do impulso por parte de Google a través dunha ferramenta para poder acceder de xeito máis doado ós datos públicos, por exemplos os do Banco Mundial, toda unha revolución para o traballo xornalístico. No penúltimo vídeo, “Tecnoloxías e instrumentos”, analiza a importancia de diversos programas de desenvolvemento de gráficos interactivos, como Java ou Flash. Na última das pezas, titulada “Primeiros pasos”,  amósasenos unha serie de páxinas que podemos empregar por nós mesmos á hora de elaborar gráficas sinxelas, combinadas sempre e de xeito inherente ao coñecemento básico propio do oficio do periodista.

Á marxe dos diversos xeitos de expresalo, a mensaxe que a serie de curtas pretende transmitirnos é moi sinxela: As novas tecnoloxías teñen que ir ligadas de forma inherente ao xornalismo de datos, e esta unión debe trascender á súa forma descritiva.

Os contidos en formato infográfico aportan credibilidade e claridade ao asunto tratado. O xornalismo de datos, que xorde da inxente cantidade de información dispoñible en Internet e as novas ferramentas centradas no usuario, na autoedición e a colaboración, debe ir sempre ligado ao ámbito profesional e académico, aínda que polo de agora estea pouco explorado neste último. Definir os seus trazos resultaría redundante, pois estes poderíanse resumir en accesibilidade, claridade e interacción. Ten como orixe as habilidades clásicas do xornalismo de investigación pero son as novas ferramentas informáticas as que interveñen en todo o proceso de produción da información. O xornalismo de datos, malia ter nacido ao abeiro das novas tecnoloxías, non está extento de antecedentes: O xornalismo de precisión, baseado en desenvolver e interpretar datos empíricos recolectados, relacionados e verificados mediante métodos científicos de investigación socioestatística ou informática, ou o Xornalismo Asistido por Computadora (PAC), que se encadra nun periodo de tempo entre o xornalismo de precisión e o xornalismo de datos, definido como calquera proceso que utiliza a asistencia da computadora durante a recolección e procesamento de datos.

Esta nova forma de xornalismo  se sirve de unha serie de instrumentos para resultar atractiva e comprensible para o usuario, tales como programas como Adobe Flash, Java, ou ferramentas de outra natureza como bibliotecas e toolkits. Existe outro tipo de aplicacións, como Le  Step, que contén o necesario para a elaboración tanto de gráficas ou táboas como mapas.  A utilización do xornalismo de datos, cada vez máis recorrente, lévao a convivir con outras variantes máis asentadas e desenvolvidas do oficio, como o Xornalismo cidadán ou participativo, o xornalismo de investigación ou o xornalismo especializado; coa posibilidade de facelo ao mesmo nivel nun futuro ou mesmo a combinarse. Malia que o futuro do xornalismo é incerto, existen unha serie de claves que podemos vislumbrar dende a nosa posición: aumentará a cantidade de tecnoloxía a menor prezo (Internet das cousas), farase necesaria unha tecnoloxía encriptada en pos da privacidade do individuo, e as experiencias da transmisión de mensaxes voltaranse cada vez máis interactivas, como se deixa entrever nas pezas documentais xa mencionadas. Para a elaboración destas pezas, o director e os realizadores servíronse dun variado conxunto de fontes, de diversa orixe e natureza. Dende a máis variada tipoloxía de fontes persoais, entre a que atopamos creadores e desenvolvedores de aplicacións infográficas, tales como Shawn Allen (cocreador de “Crimespotting”), Lee Byron (gañador do premio “Gráfico de exposición”), ou xornalistas como Amanda Cox, (considerada unha das xornalistas de referencia en EEUU na recollida de datos mediante infográficos). Tamén se sirve do saber de varios deseñadores gráficos, como Nicholas Felton ou Aaron Coblin; expertos en software como Ben Fry, xornalistas do The New York Times como Kevin Quealy, ou mesmo a editora gráfica, Hannah Fairfield, que aseguran que o medio para o que traballan é o que máis recursos empregan para a visualización de representacións; e expertos de toda índole, tales como o profesor Michael Stoll, da universidade de Augsburg, Alemania, ou  Richard Kozi Hernández, profesor da Universidade de Berkeley, California.

En cuanto as fontes gráficas e estudos empregados, destaca tamén a súa diversa natureza, dende visualizacións como “All Roads of EEUU” de Ben Fry ou “Mortes por accidentes de tráfico en UK”, publicada pola BBC Online, ata outros temas menos noticiables, como o “Lord of the rings: Interaccións das personaxes da película” de Amanda Cox ou o “Informe Felton”, onde Nicholas Felton conta datos da súa propia vida en 2005. De entre as empresas ou programas nomeados destacarían bases de datos como data.gov, blogs de infografías como Infoesthetics, grupos de bibliotecas en línea como Flare,ou programas de deseño como Protovis.

As conclusións extraídas polo grupo trala realización da análise son que, efectivamente, o xornalismo de datos representa o futuro á hora de transmitir e convertir en accesibles informacións de toda natureza. A claridade expositiva do documental non deixa lugar a dúbidas sobre a importancia dos datos na experiencia da comunicación, así como a necesidade de desenvolver soportes que consigan que estes datos non pasen desapercibidos para o usuario. A infografía, deste xeito, preséntasenos como unha das ferramentas más útiles á hora de transmitir e comunicar, e que, seguramente, remataremos utilizando de maneira recorrente nas nosas próximas carreiras profesionais.

Anuncios

Un comentario en “Texto resumo de todos os datos recollidos, por Marta Otero Mayán”

  1. non entendo ben esta achega e esa mistura de cousas. Un dos apartados eran os asuntos a tratar: datos, xornalismo, visualización, infografía, proxectos, aplicación, exemplos.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s